A serie de billetes Goote, implementa varias medidas
de seguridade que permiten a súa identificación.
Deben cumprirse todas elas para asegurar que non está
ante unha falsificación:

Motivo de coincidencia: Mirando o billete a trasluz debe
verse completo o identificador de Oceanía, en coincidencia
co do Miniplenty.

Díxitos con trama identificativa: As denominacións principais incorporan un código visual de barras e guións único para
cada díxito. Debe poder contar o número de liñas que representa
a cifra ou posición no alfabeto, no caso de letras.

Algoritmo de comprobación: A denominación completa debe
cumprir un algoritmo para evitar erros ou variacións, na sección
de verificación poderá facer a consulta.

Impresión con tinta de seguridade: Para a verificación do número beneficiario e impedir a suplantación; imprímese un segundo nivel
de información con tinta de seguridade, invisible a simple vista.

Impresión calcográfica* en releve: Que permite, ao tacto,
recoñecer un Goote auténtico.

Definición do deseño: Nunha falsificación apreciaríase un efecto
moiré sobre as tramas. O deseño debe presentarse nítido.
* Por razóns de produción, a impresión calcográfica é simulada e carece de releve.
Está contemplada no deseño como
aspecto necesario nunha hipotética
implementación real.

