Como se emprega un Goote?

O Estado adica un departamento técnico ao estudo e asignación
dos recursos necesarios e a súa distribución. Cando estima oportuno, facilita á poboación os Goote necesarios. Todo o acceso a
bens e servizos ten como finalidade mellorar a súa produtividade
e fidelidade o réxime.

Este proceso podería mecanizarse, pero o emprego dunha moeda favorece a exaltación da identidade colectiva de Oceanía, ademais de provocar unha sensación acoutada de liberdade nos números, que deciden cando adquirir os bens e servizos cos que son premiados por
a súa labor.

O beneficiario poderá pagar entregando o billete ao operario estatal que corresponda. A tramitación debe realizarse antes de expirar o
prazo de cada Goote, que se publica periodicamente segundo data
de expedición.

Para a súa tramitación, o operario, atendendo á denominación de cada billete, interpretará o ben ou servizo referido. Este proceso tamén se pode facer a través dun lector mecánico, xa que a tipografía empregada (OCR) permite o seu recoñecemento óptico.

As denominacións constan de: 7 díxitos, como mínimo, visibles a simple vista (localización de orixe, tipoloxía de ben ou servizo, e magnitude), e un mínimo de 4 visibles baixo luz ultravioleta (díxito de control e número beneficiario).

Na sección de valores poderá consultar unha táboa, na que se analiza mais detidamente a estrutura das denominacións. Na de verificación poderá introducir os datos do seu Goote, para comprobalo.

Elementos:
1. Poder emisor: Oceania Miniplenty (Ministerio da Abundancia de Oceanía).
2. Denominación (Primeiro nivel).
3. Información adicional.
4. Denominación (Segundo nivel,
visible baixo luz ultravioleta).
5. Valor, unidade monetaria e
data de emisión.
6. Sinatura beneplácita do
Well-Doer (Benfeitor).
7. Símbolo Goote.
8. Representación de símbolos
ou monumentos do Estado.