O Estado de Oceanía domina unha superficie total de 64.330.873 km², distribuídos en 24 Airstrips (Franxas aéreas), 4 Warstrips
(Franxas bélicas), 5 illas naturais e 7 Floatress (fortalezas flotantes).
Clic para ver
Airstrips / Estados.


O líder técnico, político, xurídico, militar e espiritual de Oceanía é o Well-Doer (Benfeitor), unha icona atemporal e omnipresente que encarna os ideais dunha sociedade perfecta. Baixo a súa protección e vixilancia o Estado articúlase administrativamente en catro Ministerios, cas seguintes competencias: Miniluv (Ministerio do Amor), seguridade interna do Estado; Minipax (Ministerio da Paz), seguridade exterior e guerra; Minitrue (Ministerio da Verdade), xestión de formación e información, e adaptación histórica; e Miniplenty (Ministerio da Abundancia), bens, servizos e distribución.







