Que é Goote?

The Goote Project  da forma a un concepto gráfico de moeda, nado da lectura de dúas novelas de ficción distópica: We (Yevgueni Zamyatin, 1921) e 1984 (George Orwell, 1948).

No ano 2036 o Goote é a moeda oficial de Oceanía, unha das tres superpotencias que disputan a hexemonía dun planeta Terra
moi castigado pola contaminación e a guerra. O Estado é gobernado
por un réxime totalitario baixo o control do omnipresente
Well-Doer (Benfeitor) que impón a ideoloxía Oceánica: Baseada no culto as máquinas, á ciencia e a aplicación exhaustiva de unha
matemática perfecta.

A homoxénea poboación, Uns 45 millóns, está despersonalizada
e carece de calquera liberdade individual en aras da felicidade. Son designados baixo números identificativos (vogal e número par para mulleres, consoante e número impar para homes) e viven traballando con orgullo para o Estado do que forman parte como a pequena peza dunha inmensa máquina perfecta. Para que isto se cumpra correctamente, son vixiados en todo momento a través dunha arquitectura acristalada, dispositivos de vixilancia que tamén difunden información manipulada e do brazo executor do Well-Doer: Os protectores, que teñen licencia para deter e «vaporizar» a aqueles
que atenten contra o ben de Oceanía.

Pero, probablemente, os mais efectivos métodos de control sexan
o medo e odio xerados con propaganda ante os Estados inimigos,
e a Neolingua: O idioma oficial de Oceanía, unha optimista evolución artificial do inglés que prescinde de determinadas verbas ou crea outras novas para eliminar o seu concepto e así erradicar o libre pensamento. Para evitar conflitos entre números, as súas relacións persoais e mesmo sexuais están controladas e asignadas, mediante abono, de maneira eficiente.

O Goote (Good-Note) é fixado e regulado polo Departamento Goote, que forma parte do Miniplenty (Ministerio da abundancia) e permite distribuír equitativamente a cada número que traballa en Oceanía os bens e servizos necesarios para que desenvolvan a súa función satisfactoriamente.